A casa das linguas

Prepara tu verano en el extranjero con Connectors

Lembras que non fai moito contabámosche o que era un GAP YEAR e as vantaxes que tiña vivir esta especie de ano sabático?? Se non te acordas porque tes memoria de peixe, podes velo aquí ¿QUÉ ES UN GAP YEAR? , e se tes un coeficiente superior ao de Einstein e lembras todo isto, segue lendo porque isto interésache:
Para aqueles que aínda non vos atrevedes a irvos un ano completo, pero tedes a espiral de irvos unha breve temporadita ao estranxeiro, témosvos que dicir que o veranito, sen dúbida, é a mellor época de facelo: sol, bo tempo, actividades ao aire libre, praia e montaña, moitos amigos do mundo enteiro, a que soa á mellor experiencia do mundo! (E os teus amigos que xa o probaron, sábeno?)

Para este verán ofrecémosche 6 destinos:

BOURNEMOUTH:
Ao sur de Inglaterra, é o destino perfecto para quen lles gusta a playita. Polas mañás, asistirás a clases de inglés dinámicas e divertidas, e polas tardes, actividades de todo tipo: paseos en bicicleta, minigolf, vóley praia, excursións á famosa Costa Jurásica (Patrimonio Natural da Humanidade) e a Winchester para ver a Mesa Redonda dos Cabaleiros do Rey Arturo.
Vista panoramica de Bournemouth
CAMBRIDGE:
Quen non coñece Cambridge e os seus famosos exames de inglés? (aínda que xa sabedes, que a nós gústanos máis Oxford). É unha cidade na que se respira historia e onde a ciencia está presente en cada un dos seus recunchos. Polas aulas da súa Universidade, fundada en 1.209, pasaron ata 90 Premios Nobel, 123 medallistas olímpicos e personalidades como Isaac Newton, Charles Darwin, Erasmo de Róterdan, Lord Byron ou o recentemente falecido Stephen Hawking, que deu clase nesta universidade durante 30 anos.
Vista panoramica de Cambridge
NEW FOREST:
E se che gusta máis a natureza, recomendámosche este destino tamén ao sur de Inglaterra. Vivirás nun parque de máis de 500km2 de bosques virxes, prados, brezales e vales fluviais, e o obxectivo é facer unha inmersión en inglés, divertirse e facer novos amigos mentres gozas dun impresionante programa de actividades ao aire libre nunha contorna segura, cuxo obxectivo é potenciar as túas habilidades persoais.
Vista panoramica de New Forest
WATERFORD:
Para os máis aventureiros e amantes tamén da natureza e a cultura celta, propoñémosvos Waterford, situado na costa de Irlanda. Esta cidade creada por viquingos tamén é famosa pola súa fábrica de cristal, polas súas praias e pola Costa do Cobre (espazo declarado Geoparque Global da UNESCO). Moito menos masificado que Dublín e con moitos máis parques e zonas verdes, pasarás a túa estancia na residencia universitaria do Institute of Technology (unha das 10 mellores universidades de Irlanda).
Vista panoramica de Waterford
CORK:
Se es moi familiar e queres ir coa túa familia ao completo, esta é a túa opción. Ampliamos destinos para familias que non queren repetir Cambridge, e ofrecémosvos esta opción MÁIS ECONÓMICA en Irlanda.
Vista panoramica de Cork
TORONTO:
E se o teu soño é saltar o charco, animámosche a vir a Canadá. Toronto é a cidade máis habitada de Canadá cunha mestura de culturas provenientes de todas partes do mundo. Os seus máis de 300 días de sol ao ano permitiranche gozar do seu dinamismo, dos seus innumerables lugares de interese, como a mundialmente famosa CN Tower, ou o High Park de 400 acres, ademais da súa atractiva situación á beira do lago Ontario.
Vista panoramica de Toronto
Agora xa non tes escusa para non irte ao estranxeiro este verán e mellorar o teu inglés! Só tes que elixir o destino que máis che guste, poñerche de acordo cos amigos que queiras ir (aínda que tamén podes coñecer alí novos amigos), e preparar a túa maleta. Do resto encargámonos nós.
Se tes algunha dúbida contáctar:
Contáctanos por whatsapp
gl_ES