A casa das linguas

Recomendacións para aprender inglés desde casa

Ola queridas familias!

Aquí deixámosvos unha lista de recomendacións, actividades, páxinas web e apps, para que tanto vós como os alumnos máis pequenos, poidades seguir practicando e mellorando o voso inglés desde casa:

Páxinas web

Learning English with Oxford: Oxford conta con dúas páxinas web para que, tanto pequenos como adultos, poidan seguir realizando actividades comodamente en casa.
British Council: do mesmo xeito que Oxford, a institución British Council tamén conta con dúas páxinas web tanto para nenos como para maiores.
  • Para nenos de 3 a 11 anos: ten tantos exercicios de inglés, como xogos, flashcards, cancións, contos, debuxos para colorear, e mesmo apps para seguir aprendendo de maneira lúdica. Ao comezo teñen unha páxina de soporte para que os pais poidades axudar a vosos peques en casa
  • Para xóvenes e adultos: ten actividades e exercicios que podedes realizar de maneira online. Son moi divertidos e dinámicos, e están enfocados por niveis. Recomendámosvos realizar as actividades de ambos os niveis, e escoitar os podcasts de su página web (os ayudarán a hacer oído con el inglés e interiorizarlo todavía más).
  • Tamén conta cunha serie de apps coas que podedes xogar e aprender toda a familia (para todas as idades). Podéis verlas aquí.

Apps e xogos

  • ABCYa: Trátase dunha plataforma que conta con moitas apps e xogos moi entretidos para os máis pequenos da casa, ata aproximadamente os 6 anos. Os xogos están divididos por categorías, e cada xogo sinala ás idades ás que vai dirixido.
  • Duolingo: É unha das apps máis coñecidas para aprender inglés, e funciona de maneira moi sinxela e adaptada ao nivel de cada usuario. Aínda que todos pódena utilizar, nós recomendámola para nenos a partir de 9 anos debido a que é un pouco menos lúdica que as anteriores.
  • Busuu: É unha app similar a Duolingo, e coa que poderedes aprender inglés de forma gratuíta. Ten máis de 150 unidades de aprendizaxe que cobren diversas áreas de coñecemento, así como unidades cos puntos de gramática máis importantes. Todas as unidades inclúen imaxes e son. Recomendámola sobre todo para os adultos.

Radio e podcasts

Do mesmo xeito que cos podcasts, escoitando a radio «facemos o oído» ao inglés. Escoitando a radio aprenderás vocabulario que se usa no día a día, a xerga común, acentos variados, conversacións, noticias de todo o mundo, e mesmo aprenderás cos anuncios. Non te preocupes se ao principio non entendes moito ou nada, o importante é seguir tentándoo e non frustrarse. Podes tentar traducir mentalmente o que vas oíndo.
Nós recomendámosche escoitar as emisoras da BBC, é das mellores para aprender inglés, e podes escoitalas de maneira online, ou descargando os podcasts. Aquí deixámosche as nosas 3 favoritas:
Tamén podes escoitar outras emisoras como estas:
  • London heart: É a radio de Londres, ofrece música de todos os estilos e épocas.
  • Dublins 98FM: É unha das radios máis frescas da capital irlandesa. Recomendámola sobre todo aos mozos, debido a que ten programas de música, humor, entretemento e demais.
  • 3CR: É a radio australiana de Melbourne.
  • NewsTalkRadio 77 o WABC de Nova York.
  • ABC Radio: É unha das emisoras máis escoitadas en EEUU con contido moi variado.
  • Vaughan Radio: Recomendamos esta emisora sobre todo aos adultos principiantes, así como a canle de televisión.
Y te recomendamos algunos podcasts como estos:
  • Learn English: é a serie de podcasts do British Council. Ten exercicios interactivos para axudarche a practicar e mellorar o teu nivel de inglés. Estes materiais son para alumnos de nivel A2 a intermedio B1.
  • 6 Minute English: é un dos podcasts da BBC onde aprendemos inglés a partir de diferentes situacións da vida cotiá. Son tan divertidos, que mesmo che esqueces de que estás a aprender inglés. Aquí podes acceder aos outros podcasts da BBC.
  • Voice of America: Learning English: con este podcasts aprenderás inglés a través de temas de actualidade de EEUU: Noticias, películas, ciencia, historia? Ofrece diferentes tipos de audio, narrados unha velocidade máis lenta para que podamos entendelos mellor.

Videos , series e películas

Agora é cando máis tempo temos para gozar de contido audiovisual en casa, e podemos aproveitar todo este tipo de visionados para seguir aprendendo e mellorando o noso inglés.
  • English Central: Trátase dunha plataforma de vídeos para aprender inglés con diferentes temáticas. Hai de todos os niveis e para todas as idades, aínda que nós recomendámolo para nenos a partir dos 8 anos.
  • Series y películas: Seguro que máis dun estades a buscar unha serie á que engancharvos para pasar o tempo estes días, outros estaredes a aproveitar para ver todas as películas que tiñades pendente, e mesmo algúns xa estaredes enganchados a algunha serie que, sen esta corentena, quizais non veriades. En calquera dos casos, recomendámosvos ver estes contidos en Versión Orixinal (Inglés na maioría dos casos), e poñer os subtítulos en español (se estás a empezar) ou en inglés (aínda que ao principio non entendas todas as palabras, seguro que entendes o sentido das frases, e seguro que co tempo, irás aprendendo novo vocabulario). A continuación, recomendámosvos dúas extensións para aprender cos subtítulos en Netflix con Chrome:
    •  Fleex for Netflix: permíteche personalizar os subtítulos das series e películas de Netflix. É unha app moi personalizable e sen dúbida, unha moi boa opción coa que marcar obxectivos de aprendizaxe. Segundo o teu nivel, a app pode distinguir que palabras podes non coñecer e subtitúlaas no teu idioma para axudarche a avanzar. Desta maneira verás como os subtítulos van progresando contigo.
    • Netflix Dual subtitle for learning languages: esta extensión permite poñer subtítulos ata en tres idiomas de maneira simultánea. Se ves un contido en versión orixinal en inglés, e á vez pos os subtítulos en inglés e español, podes comprobar ao momento a pronuncia en inglés co audio, a maneira de escribilo cos subtítulos, e á súa vez, comprobalo co subtítulo español.
    • A continuación deixámosvos dúas ligazóns con recomendacións de series e películas coas que é máis fácil aprender inglés: Las mejores series para aprender inglés. Aprender inglés con Netflix para adictos al cine y las series.

Libros

E como non todo vai ser ver películas e series, e tamén é bo desenvolver a nosa imaxinación, recomendámosvos unha serie de libros que podedes ler en inglés e que están moi ben adaptados para a xente que está a aprender:
Son moitas opcións e recursos os que poñemos á vosa disposición para seguir aprendendo inglés durante estes días. Nós animámosvos a que cada día realicedes unha actividade de todo o que vos propoñemos, para non esquecer o aprendido, seguir mellorando, e sobre todo, non caer na desidia de quedarnos na casa, como tamén pode ser practicar inglés en familia durante unha hora, ou mesmo escribir un diario ou un blogue de como están a ser estes días en inglés.
Para calquera dúbida sobre os contidos, podedes poñervos en contacto connosco a través do e-mail info@acasadaslinguas.com. Lembrámosvos que toda a nosa comunicación foi centralizada a esta conta, polo que é posible que nos demoremos un pouco en contestarvos.
Un saúdo queridas familias, e a seguir aprendendo desde casa!
Contáctanos por whatsapp
gl_ES