A casa das linguas

CURSO DE INGLÉS PARA NENOS E NENAS

No noso curso de inglés para nenos e nenas, a nosa filosofía de ensino baséase en que a mellor maneira de aprender un idioma para un neno/unha nena é de forma lúdica. Por esta razón temos un amplo repertorio de xogos, organizados por temas de vocabulario, gramática e niveis.
Cada profesor recibe un manual, elaborado en A Casa dás Linguas, con todos os temas, o seu vocabulario, as cancións, as actividades, as videosecuencias, os xogos etc. para o curso. Con cada tema quedamos entre dous e tres semanas. Nestes manuais describímoslles minuciosamente o que deben facer en cada clase mesmo con instrucións de como repartir os 55 minutos que dura a clase.
Traballamos moito con figuras de feltro que as preparamos nós mesmos en A Casa dás Linguas e que serven para aprender o vocabulario. Son un elemento moi importante das clases, xunto con as tarxetas (flash cards) e os demais materiais.
Para os temas específicos de gramática, a partir de primaria, temos unha gran variedade de xogos de mesa e outras actividades lúdicas. Desta maneira calquera tema gramatical convértese nun xogo durante o cal aprenden e repiten estruturas sen notar que están a facer en realidade un exercicio de gramática. A vantaxe é obvia. Se teñen a impresión que están a xogar participan doutra maneira. Pensan no xogo, queren gañar e por iso van tratar de non equivocarse e ademais vanse a fixar exactamente no que di o seu compañeiro para notar cando cometa un fallo e así conseguir puntos. Así que o xogo axuda mesmo a que os alumnos estean máis concentrados en todo o que sucede en clase.
Neste curso de inglés para nenos e nenas que impartimos en Santiago de Compostela outra ferramenta importante para a aprendizaxe cos nenos de primaria son as manualidades. Temos moitísimo material para facer actividades moi especiais. Pero non facemos isto simplemente para entreterche en clase. Calquera actividade que facemos está escollida coa única finalidade de aprender e practicar o novo idioma, sexa inglés, alemán, francés ou chinés. Acompañarán calquera paso que fan, dicindo frases e aprendendo sen darse conta.
En nadal tamén utilizamos a cociña para facer galletas do Nadal e desta maneira aprender a entender receitas, ingredientes etc. Poñemos aos nenos en contacto co mundo dos alimentos aprendendo unha gran variedade de vocabulario e tamén de estruturas gramaticais mentres cociñan. Por suposto temos computadores en todas as aulas para ver por exemplo un anaco de vídeo didáctico ou unha canción en Youtube. As cancións son moi importante na aprendizaxe dun idioma xa que axudan a memorizar textos e con iso vocabulario e estruturas gramaticais.
Bandera inglesa en círculo
INGLÉS
Bandera francesa en círculo
FRANCÉS
Bandera alemana en círculo
ALEMÁN
Bandera china en círculo
CHINÉS
Bandera española en círculo
ESPAÑOL para extranxeiros
Cursos para papás y bebés
BEBÉS
 
Cursos para niños
NENOS
 
Cursos para Jóvenes
XÓVENES
 
Cursos para adultos
ADULTOS
 

    Nome e apelido*

    Correo electrónico de contacto*

    Teléfono de contacto

    Data de nacemento do alumno/a*

    ¿Qué centro che queda mellor?

    Área CentralCasas NovasBertamiránsConxo

    ¿En qué lingua estás interesado?

    InglésFrancésChinésAlemánEspañolOutro

    Qué modalidade prefires?

    PresencialOnline/Telepresencial

    Comentarios

    Contáctanos por whatsapp
    gl_ES