
CURSOS PARA ADULTOS
Ofrecemos cursos anuais de Inglés e outros idiomas como Francés ou Alemán estándar de dúas horas por semana en Santiago. As clases están enfocadas desde o primeiro momento na conversación sen deixar de lado a gramática. Pero queremos que aprendas enseguida a utilizar o aprendido para que non se converta nun coñecemento teórico senón que che sirva para a práctica. Se queres máis información sobre horarios, prezos etc. aconsellámosche pasarche por un dos nosos centros en Santiago ou en Bertamiráns para falar máis en detalle e facer unha proba de nivel se é necesario.
Tamén preparamos para exámenes oficiais de Inglés, Francés ou Alemán (3 horas semanais, 2 veces 90 minutos). Aínda que a nosa meta sempre é que os alumnos saiban comunicarse no idioma que aprenden, por suposto tamén poderás preparar connosco calquera exame oficial de todos os idiomas que ofrecemos. Somos un centro examinador oficial dos exames de Oxford ( OTE Oxford Test of English) que certifica os niveis A2/ B1/ B2. Pero aínda preparando un exame dámoslle un coidado especial á conversación, é dicir, á fluidez ao falar, á pronuncia e ao entender.
Se necesitas coñecementos dun idioma para unha finalidade moi específica ou só tes un tempo moi reducido que ademais non se adapta aos horarios dos nosos cursos, entón a mellor opción serían clases individuais. Se che interesan estes cursos en Inglés e outros idiomas en Santiago contáctanos para que podamos atender a túa solicitude con moita brevidade.