A casa das linguas

Mito 4 "Aprendemos para a vida e non para a escola" Parte 2

Hoxe seguimos analizando un mito educativo que nos gustaría que fose certo pero que, lamentablemente, non o é.

Hai 30 anos ninguén se imaxinaba que todos iamos usar cada día teléfonos móbiles e non só para falar. Tampouco ninguén predicía o papel que ía ter internet nas nosas vidas e o fácil que ía ser conseguir información de calquera tipo nuns segundos. Do cambio climático só falaban uns poucos, non se separaba aínda o lixo e ninguén escoitara falar do microplástico e os seus efectos na fauna marítima.

Nestas tres décadas as nosas vidas cambiaron pero as institucións educativas que deben preparar aos nenos para esta vida? tamén o fixeron?, adaptáronse a esta nova situación? A resposta é non. Se siguen dando las mismas materias que hace 30 años.

Materias para a vida

Non hai materias dedicas ao cambio climática ou unha materia sobre a ?alimentación?. Cada vez hai máis nenos obesos e sería moi importante que aprendesen a importancia da alimentación para a nosa saúde. Que influencia teñen as graxas saturadas ou o azucre? Como inflúe a alimentación na produción de insulina? Que é a diabetes?

Nesta materia poderíanse estudar temas relacionados con química, bioloxía, xeografía, política ou mesmo psicoloxía. Serían materias relacionadas coa vida real e interdisciplinarias. Desta maneira o alumnado non adquire coñecementos illados senón que aprende que todo está unido, que unha cousa inflúe na outra e que se necesita coñecementos de diferentes ámbitos para entender mellor como está todo relacionado entre si.

Ademais, desta maneira o alumnado estaría moito máis interesado, involucrado, con traballos grupais ou proxectos sobre estes temas.

Unha educación así realmente prepararía para a vida, e mostraría a importancia de ter coñecementos en diferentes áreas para poder entender os problemas da sociedade na que viven.

Un granito de area para o cambio

Pero lamentablemente estamos aínda a anos luz dunha educación así. Parece que non hai maneira de cambiar algo no sistema educativo que está tan incrustado. Nunha época onde se consegue calquera información nuns instantes o alumnado aínda perde tempo memorizando esta información en vez de dedicarse a la práctica y aprender cómo usarla.

Coa aprendizaxe de idiomas pasa o mesmo, pero na Casa dás Linguas tentamos poñer o noso granito de area para cambialo. Axudamos aos nenos a que aprendan a usar o novo idioma e non só a memorizar estruturas gramaticais para ?vomitalas? nun exame ou para encher unha ficha. Evitamos que aprendan listas de vocabulario sen contexto só para sabelas no momento do exame e logo esquecerse de novo.

Porque na Casa dás Linguas queremos que os nosos/ as alumnos/ as aprendan realmente para a vida e non só para a escola. Anímasche a comprobalo connosco?

Contáctanos por whatsapp
gl_ES