A casa das linguas

Mitos sobre a aprendizaxe de idiomas. Mito 3: "Non reteño tanta información"

Cando tentamos aprender un idioma novo enfrontámonos a un reto moi grande. Hai moitísimas cousas que aprender, novo vocabulario, estruturas gramaticais etc. Sentimos como antes de empezar a subir a unha montaña, só miramos para arriba e pensamos que non chegaremos nunca.

A aprendizaxe dun idioma é como unha excursión a unha montaña

Quedemos con este exemplo. Sabemos que nos vai a custar chegar á cima, que non vai ser fácil pero entón por que o facemos? Porque sabemos que nos imos a sentir moi ben cando o lograramos e tamén porque o feito de camiñar e esforzarnos é bonito. Queremos gozar do camiño. Se nos decidimos aprender un idioma tamén temos que superar este momento de frustración cando un mira todo o que pon nun libro de texto e pénsa como vou aprenderme todo isto? Así que o primeiro é saber que imos chegar, que estamos cun/a guía que coñece o terreo ou que é un camiño con indicacións onde non nos podemos perder. É moi importante ter claro o roteiro para non sentirse perdido/a. Desta maneira imos poder gozar de cada etapa e de cada nova información que imos aprendendo sen frustrarnos polo longo camiño que aínda nos queda por diante. Se coñecemos o roteiro imos sentir seguros e imos poder gozar do camiño.

Como reter información

Pero como me vou a quedar con tanta información? Sempre me custou quedarme con tantas palabras.

Aquí é importante saber un pouco como funciona o noso cerebro. Se escoitamos ou estudamos novo vocabulario unha soa vez, xeralmente esquecémolo moi pronto. Isto é completamente normal e pásalle a todo o mundo. Estamos a aprender un idioma que xeralmente non escoitamos durante todo o día. O cerebro rexístraa só unha vez e iso non alcanza para que a cualifique como algo importante e por tanto algo que merece ser lembrado. É dicir que esta información non pasa da memoria a curto prazo á memoria a longo prazo. Pero só podemos dicir que aprendemos algo se a nova información chega á memoria a longo prazo. Por esta razón é tan importante a repetición. Só se o cerebro rexistra varias veces esta nova información, sexa vocabulario ou estruturas gramaticais, vai quedar con ela.

Un/a bo/a profe é como un/a guía para reter información

Así que non hai que frustrarse. Se ata o de agora non che funcionou a aprendizaxe dun idioma tamén ten que ver con que os/as guías que che levaban polo carreiro dun novo idioma non che indicaron ben o camiño e perdíchesche sen poder chegar á cima da montaña. Por iso é tan importante ter nunha clase de idiomas uns/ as profes que sexan bos/ as guías e que che acompañen por este camiño que che levará a aprender un idioma gozando de cada etapa da aprendizaxe.

Agora seguro que xa tes máis claro como procesar a información dun idioma e como facer ese camiño que che levará á cima da montaña. Para coroala con éxito, os nosos guías da Casa dás Linguas axudaranche a non perderche e a facer máis fácil a subida. Ven a coñecernos.

Contáctanos por whatsapp
gl_ES