A casa das linguas

Mitos sobre a aprendizaxe de idiomas. MITO 1 "A min non se me dá ben o dos idiomas"

"Eu non vallo para aprender idiomas, non se me dan ben, tenteino moitas veces, fun moitos anos a clase de inglés e non son capaz de falalo." Moi a miúdo escoitamos este tipo de frases e se cadra ti tamén a dixeches algunha vez.

Estudaches moito, se cadra mesmo sacaches boas notas ou conseguiches algún título, pero non aprendiches inglés. Polo menos non como desexarías despois de dedicarlle tantos anos.

O que pasa nestes casos é que che estás culpando de algo que non ten nada que ver contigo mesmo. Se despois de moitos anos de clase non chegaches a aprender un idioma, a culpa non é túa, é do sistema.

Cal é a diferenza entre estudar e aprender?

O sistema educativo vixente está baseado en estudar para facer un exame e conseguir unha boa nota. Entre mellor memorices o texto do libro mellor será a nota que obtés. Nin sequera fai falta que entendas o que estás a ler xa que no exame trátase na maioría dos casos de reproducir o que memorizaches e despois do exame pódesche esquecer do estudado porque xa non o necesitas. E así ano tras ano. Sempre a mesma rutina, estudar - esquecer, estudar - esquecer, independente das materias.

Que faría falta para lograr unha aprendizaxe e interromper este círculo vicioso?

Para que estudar leve á aprendizaxe hai varios factores que son moi importantes:

  • O interés: Se algo realmente interésame vou estudar doutra maneira e vaime a ser máis fácil quedarme coa información.
  • A repetición: Se algo me interesa non me importa repetir moitas veces o mesmo. (Por exemplo, unha canción ou un xogo).
  • A práctica: Se a miña motivación é poñer en práctica o aprendido e non só aprobar un exame vou estudar doutra maneira.

Nos tres puntos inflúe moitísimo o profesorado que che toque. Exponche estas preguntas; O meu profesor/a sábeme motivar e espertar o interese pola materia para que queira dedicarme máis tempo a ela? Axúdame a poñer en práctica o estudado? Aínda que aquí hai que dicir que moitos profes tamén senten como vítimas do sistema. Saben que non funciona e cren que non poden dar a clase doutra maneira porque están obrigados a seguir as pautas que lles impoñen os gobernos.

Un sistema educativo que non funciona

O verdadeiro problema radica en que a meta do sistema educativo non é a aprendizaxe senón a preparación de exames. Está baseado en medir o ben ou mal que estudaches/memorizado/ chapado (non se aprendiches algo!) a través duns exames que logo levan a obter unhas notas. O/a alumno/a que mellor saiba memorizar (aínda que só sexa por un día) recibirá moi boas notas, mentres que os outros aos/as que se cadra non lles interesa tanto a teoría senón poñer en práctica o estudado, fracasan. De novo: o que se premia neste sistema educativo non é a aprendizaxe senón a capacidade de estudar, memorizar e reproducir – como unha fotocopiadora – o memorizado nun exame.

O fracaso no ensino de linguas estranxeiras neste país radica neste sistema que non premia se es capaz de comunicarche noutro idioma, se te sabes facer entender e es capaz de entender a unha persoa nativa senón se es capaz de responder a preguntas teóricas sobre o idioma e facer exercicios de gramática. Só fai falta ver os exames que se lles fai xa aos máis pequenos alumnos de primaria e que son sobre todo por escrito.

Así que a partir de agora non digas nunca máis que non vales para aprender idiomas ou que non se che dan ben. Podes dicir que ata o de agora non aprendiches pero que sabes por que e que non ten que ver contigo. Se queres empezar a aprender un idioma de verdade, na Casa dás Linguas o que nos importa é que saibas usar o idioma, que sexas capaz de poñer en práctica o aprendido para que logres comunicarte.

Ven a experimentalo cambio!

Contáctanos por whatsapp
gl_ES