A casa das linguas

Vídeos de inglés para nenos

Ola familias!

Esperamos que esteades ben. Todo o equipo de A Casa das Linguas queremos agradecervos a todos os que estades agora mesmo en casa seguindo as normas de prevención. Nós estamos igual, traballando desde casa para que a volta ás clases sexa fantástica. Sabemos que estas semanas están a ser moi duras para moitas familias, e nós queremos apoiarvos e axudarvos na medida do posible. Gustaríanos que durante estes días sigades practicando e aprendendo inglés desde casa, sobre todo os máis pequenos, que moitos días necesitan facer actividades diferentes. Por iso, regalámosvos esta serie de 10 vídeos de ínguas para nenos para que poidan seguir aprendendo mentres se divirten e xogan connosco.
Podedes acceder á listaxe completa aquí – Curso completo
Esperamos que vos gusten moito estes vídeos de inglés para nenos, e aprendades inglés mentres vos divertides. Para calquera dúbida sobre vocabulario, gramática, ou sobre as clases, podedes comunicarvos connosco a través de info@acasadaslinguas.com.
Un saúdo familias, e coidarvos moito!
Contáctanos por whatsapp
gl_ES