A academia que ofrece cursos de inglés, alemán, francés, chinés e outros idiomas en Santiago de Compostela para todas as edades e todos os nivéis.
Queremos axudarche a alcanzar as túas metas, a que aprendas o idioma que máis che guste. E non importa que sexas bebé, neno/a de preescolar ou de primaria, adolescente, universitario/a, adulto/a ou senior; connosco todos poden aprender o idioma que se propoñan en calquera dos nosos 4 centros, en Santiago de Compostela ou Bertamiráns.
Tanto se queres divertirte cos idiomas, coma se queres obter o teu certificado oficial do Oxford Test of English (acreditamos os niveis A2, B1 e B2), conta connosco e o noso equipo de docentes que se adaptan ás túas necesidades e están en constante formación para ofrecerche o mellor ensino do idioma, cunha atención 100% personalizada, e en grupos reducidos (de 4 a 10 alumnos por clase).
Cada grupo fórmase en función da idade, o nivel e as necesidades de cada alumno/a. Con 2 horas semanais (a escoller entre 2 horas seguidas, ou en 2 días diferentes), ou 3 horas semanais no caso dos cursos para adultos de preparación de exames (distribuídas en 2 clases de 90 minutos), encargámonos non só de que o teu nivel mellore academicamente, senón de que poidas expresarte gramaticalmente de forma correcta, e de que consigas unha boa pronuncia que permita comunicarte sen problemas, tanto con nativos, como con xente estranxeira. A comunicación oral é moi importante para nós!
O noso obxectivo é evitar que, tras moitos anos de clases en educación primaria, ESO, Bacharelato e outras academias, non sexas capaz de comunicarte en inglés, alemán, francés ou chinés..
Tanto se che decidiches polos nosos cursos anuais, como polos cursos intensivos durante as vacacións, como nas nosas clases particulares, ponte en contacto connosco e dinos que necesitas. Volvemos en setembro e queremos axudarche a conseguilo!
Non te quedes sen a túa praza e inscríbete XA: a través dos nosos formularios de contacto, ou a través de correo electrónico: info@acasadaslinguas.com
Vémonos pronto en “A Casa dás Linguas”.
Unha das universidades máis prestixiosas do mundo certifica os niveis A2/ B1 e B2 para os nosos estudantes de inglés e nós somos centro examinador oficial en Santiago de Compostela.